31 may 2012

CREAMOS PERSONAXES

O día 25 de maio veu ao noso cole un debuxante de cómics chamado ABRAHAM CARREIRO.Tamén é ilustrador e debuxa moi ben. Presentounos aos personaxes dun libro seu titulado XOELIQUI e despois deunos moitos consellos para debuxar, como por exemplo: -As caras dos personaxes: bo, mala, lista, burro...sorprendida, namorado. -Os tipos de bocadillos cando falan os personaxes: cando choran, cando berran, cando están a pensar,.. Ao final tocounos a nós crear un personaxe. Eu, ao principio estaba tan nerviosa que me suaban as mans, pero aprendín moito Na clase fixemos un mural con todos os debuxos. FOI XENIAL!! (Alex Fernández,Óscar Gómez, Claudia Rial,Lucía López)

21 may 2012

CORRELINGUA 2012

O CORRELINGUA  do  Morrazo celebrouse este ano no concello de Moaña. Participaron 1800 nenos/as da comarca. Foi unha gran festa, un gran encontro, onde ademais de festexar o idioma galego, convivimos con outros coles.
Polo CEIP Montemogos participaron 2º e 3º de Primaria e 6º de Infantil.
Os maiores fixeron unha marcha dende o colexio de Reibón ata a praza de Moaña. Os pequenos realizaron  abradoiros que se levaron a cabo na parte de arriba do mercado.
Xuntáronse todos/as diante do palco de Moaña. Alí merendaron e despois bailaron, co grupo PESDELÁN,  as danzas que aprederan ao longo do curso nas clases de Música.

28 abr 2012

SEMANA DO LIBRO

OS DÍA 23 E 27 DE ABRIL  OS  CURSOS DE TERCEIRO A SEXTO DE PRIMARIA FORON A LERLLES AOS MÁIS PEQUENOS. 
OS MAIORES FACÍAN DE PADRIÑOS/MADRIÑAS E OS PEQUENOS ERAN OS AFILLADOS/AS.       (ADRIÁN GESTIDO)


"A min tocoume Xulia, unha nena simpática, madura, alegre e guapa.  O que máis me gustou dela é que falaba moito e me preguntaba o que non sabía"   (ZAIRA ROSALES)
"Eu linlle "O ladrón de salchichón" e paseino xenial léndolle o conto que me gustaba a min  de pequeno"        (DANIEL OTERO)
"A miña afillada foi Carlota. O primeiro día era tímida, non falaba e eu tampouco sabía que dicirlle... O segundo día divertinme moito, rímonos, porque xa nos coñeciamos máis, falamos e conteille un conto dos Bolechas. Paseino moi ben  (JORGE MILLÁN)
"Eu fun padriño de Miguel. Línlle "O coelliño branco". Gustoulle moito o conto e quería repetir e eu tamén quero repetir. Foi unha experiencia moi boa e serve tamén para coñecer mellor aos pequenos.  (ÓSCAR GÓMEZ)
"Linlle o conto coas miñas palabras e encantoulle porque prefire que llo conte coas miñas palabras  e non que llo lea como está no libro"  (ZAIRA ROSALES)


   

p;

17 mar 2012

UN PAN DE COLOR LILA

Meiro é unha aldea de Bueu cunha Asociación Cultural que leva moitos anos desenvolvendo un labor importantísimo na conservación e difusión dun traballo e dunha cultura, que ao menos nesta parte do país, estase a perder: O CULTIVO DO MILLO e ademais do millo menos estimado: O MILLO CORVO.
No outono xa participaramos na RECOLLEITA E ESFOLLADA e agora voltamos porque as espigas estaban preparadas para seren DEBULLADAS. Tamén nos achegamos ao muíño para MOER e no forno COCEMOS o pan.De premio recibimos un anaquiño de PAN DE MILLO CORVO.Riquísimo, por certo!
Moitas grazas á Asociación Cultural de Meiro polo seu acollemento e por darnos a oportunidade de aprendermos dun xeito tan activo.


9 mar 2012

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

PREME NA IMAXE PARA VER AS ACTIVIDADES QUE SE FIXERON NO COLEXIO AO LONGO DESTA SEMANA CO
LEMA: "TOD@S IGUAIS, TOD@S IMPORTANTES"

21 feb 2012

ENTROIDO 2012

Un Entroido moi, moi apetitoso.
As comparsas que fixemos este ano no cole tiñan un fio que as unía:
             A ALIMENTACION SAUDABLE.
Foi por iso que había:

  • Moitas froitas (E; Infantil e 1º ciclo de Primaria)
  • Cociñeiros/as (2º ciclo de Primaria)
  • Cunqueiros e Merlíns para falarnos da cociña galega (3º ciclo de Primaria)
Ao longo das últimas semanas fomos preparando os traxes e as coplas. O venres, 17 de febreiro, saimos en desfile polas rúas de Beluso. Despois interpretamos as nosas cantigas no Salón de Actos e rematamos compartindo unha merenda especial: orellas, filloses, chulas,...



8 feb 2012

PALABRAS DE CARAMELO

O día 7 de febreiro recibimos na BIBLIOTECA do cole a visita do escritor Gonzalo Moure. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º poidemos falar con el e comentar os seus libros: "Cama e conto"  e "Palabras de caramelo"

1 feb 2012

DIA DA PAZ

 "Cando chova forte e semellen non ter fin 
as neboliñas que roldan por aquí, 
terás o meu abrigo, o meu corazón amigo 
para ti."  (Arco da vella)
Un ano máis, o pasado día 30 de xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ. Saimos ao patio e o equipo de mediadores/as de 3º ciclo recordaron a GHANDI e os motivos polos que se elixiu esta data como día da NON VIOLENCIA.
Cantamos a canción do ARCO DA VELLA e bailamos a danza do "Caminho de Viseu".
Durante a semana estivemos pintando cadros  de Picasso (Guernica e Pomba da paz)
Pincha aqui para acceder as imaxes

19 ene 2012

CENTENARIO DE ÁLVARO CUNQUEIRO

   Con motivo da conmemoración do centenario do nacemento de A. Cunqueiro, o alumnado de cuarto, quinto e sexto de Primaria asistiu o pasado día 17 a unha exposición sobre a vida e obra do escritor de Mondoñedo, na Casa Galega da Cultura, en Vigo.
  Neste centro poideron coñecer tamén o legado deixado á cidade de Vigo por  don Francisco del Riego consistente nunha gran biblioteca e unha interesante pinacoteca.
  No mesmo edificio visitaron ademais a Fundación Penzol.
  Queremos dar as gracias ás persoas que nos serviron de guias nesta visita pola sua amabilidade e polo cariño que amosan co patrimonio que están a coidar.