OS DÍA 23 E 27 DE ABRIL OS CURSOS DE TERCEIRO A SEXTO DE PRIMARIA FORON A LERLLES AOS MÁIS PEQUENOS.
OS MAIORES FACÍAN DE PADRIÑOS/MADRIÑAS E OS PEQUENOS ERAN OS AFILLADOS/AS. (ADRIÁN GESTIDO)
"A min tocoume Xulia, unha nena simpática, madura, alegre e guapa. O que máis me gustou dela é que falaba moito e me preguntaba o que non sabía" (ZAIRA ROSALES)
"Eu linlle "O ladrón de salchichón" e paseino xenial léndolle o conto que me gustaba a min de pequeno" (DANIEL OTERO)
"A miña afillada foi Carlota. O primeiro día era tímida, non falaba e eu tampouco sabía que dicirlle... O segundo día divertinme moito, rímonos, porque xa nos coñeciamos máis, falamos e conteille un conto dos Bolechas. Paseino moi ben (JORGE MILLÁN)
"Eu fun padriño de Miguel. Línlle "O coelliño branco". Gustoulle moito o conto e quería repetir e eu tamén quero repetir. Foi unha experiencia moi boa e serve tamén para coñecer mellor aos pequenos. (ÓSCAR GÓMEZ)
"Linlle o conto coas miñas palabras e encantoulle porque prefire que llo conte coas miñas palabras e non que llo lea como está no libro" (ZAIRA ROSALES)
p;