31 may 2012

CREAMOS PERSONAXES

O día 25 de maio veu ao noso cole un debuxante de cómics chamado ABRAHAM CARREIRO.Tamén é ilustrador e debuxa moi ben. Presentounos aos personaxes dun libro seu titulado XOELIQUI e despois deunos moitos consellos para debuxar, como por exemplo: -As caras dos personaxes: bo, mala, lista, burro...sorprendida, namorado. -Os tipos de bocadillos cando falan os personaxes: cando choran, cando berran, cando están a pensar,.. Ao final tocounos a nós crear un personaxe. Eu, ao principio estaba tan nerviosa que me suaban as mans, pero aprendín moito Na clase fixemos un mural con todos os debuxos. FOI XENIAL!! (Alex Fernández,Óscar Gómez, Claudia Rial,Lucía López)

21 may 2012

CORRELINGUA 2012

O CORRELINGUA  do  Morrazo celebrouse este ano no concello de Moaña. Participaron 1800 nenos/as da comarca. Foi unha gran festa, un gran encontro, onde ademais de festexar o idioma galego, convivimos con outros coles.
Polo CEIP Montemogos participaron 2º e 3º de Primaria e 6º de Infantil.
Os maiores fixeron unha marcha dende o colexio de Reibón ata a praza de Moaña. Os pequenos realizaron  abradoiros que se levaron a cabo na parte de arriba do mercado.
Xuntáronse todos/as diante do palco de Moaña. Alí merendaron e despois bailaron, co grupo PESDELÁN,  as danzas que aprederan ao longo do curso nas clases de Música.