22 may 2017

DAVID AMOR

  A visita do actor David Amor revoluciona o colexio. Falounos da súa traxectoria profesional como actor, presentador, humorista..., tamén da súa carreira como deportista de elite ( subcampión mundial sub 18)
  Pero o máis interesante foi que nos amosou que a tele era mentira, que podemos disfrutar do que nos gusta, pero mantendo un punto de vista crítico.
  Fixemos moitas fotos e firmou autógrafos.


FOI UN PRACER!!!


SEMANA CULTURAL 2017

   A piques de rematar a XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS, podemos comprobar a gran variedade de actividades realizadas nestes últimos días: encontros con actores actrices..., club de lectura, Correlingua, música tradicional, contacontos...

13 may 2017

CARLOS CASARES. LETRAS GALEGAS 2017

  PODEMOS FACER ESTAS ACTIVIDADES LIM, PROPOSTAS POR SEMINARIOGALAN PARA COÑECER UN POUCO MÁIS A CARLOS CASARES.


AMOSA O QUE SABES!














EDUARDO PONDAL. HIMNO GALEGO

   As familias, asociacións culturais e colexio facemos una pequeña homenaxe no centenario da norte deste ilustre autor galego.





MOITAS GRAZAS A TODOS!

4 may 2017

COMZAMOS OS ACTOS DA XXX SEMANA CULTURAL

  Coa visita dun actor galego da comezo a XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS.
     O actor e director Paulo Medal  e á vestiarista (diseñadora e encargada de vestiario) Alicia R. Otero contáronnos en qué consiste o seu traballo. Con eles, poidemos descubrir como é a maxia do teatro.
                                 

  Cunha morea de actividades. encontros literarios, charlas, concertos, actividades deportivas, teatro, medios audiovisuais... que teñen como fin poñer en valor a nosa cultura. Figuras como Carlos Casares e Eduardo Pondal terán un lugar destacado, así tamén o PDI "Dcine"
Esperamos que toda a comunidade educativa disfrute das mesmas.



3 may 2017

MARUJA MALLO


  O alumnado de 6º de infantil, coa axuda de nenos e nenas de 3º de primaria, fixemos una pequeña homenaxe a MARUJA MALLO.
  Baseandonos no libro de POLO CORREO DO VENTO, descubrimos una artista moi vencellada a Beluso.

TALLER DE ALFOMBRAS

   Os nenos e nenas  de primaria realizaron un taller de alfombras florais en colaboración coa ANPA e a Asociación de Alfombras de Bueu. Este ano a figura homenaxeada é "Maruja Mallo" pintora surrealista, moi vencellada ao noso concello, a quen se lle adica este ano  "O Día das Artes Galegas".

AS FAMILIAS CONTAN e CONCURSOS DE CINE

  Un ano máis, a participación das familias, foi un éxito.  Durante todo o mes de abril trouxeron: contos coñecidos, versións dos clásicos, cintos inventados...

Neste mes tamén comezamos o concurso FRASES DE CINE.

MÓNICA CAMAÑO

  Actriz de Cangas do Morrazo que viu facer un taller de interpretación.


     Nominada a varios premios María Casares, gañou no 2008 o Premio a mellor actriz secundaria polo espectáculo "Emigrados". Participou nas  películas: "O lapis do carpinteiro","As leis de Celavella", "Efectos secundarios"...