24 feb 2014

"O MORRAZO ESPERTA GALICIA"

Unha actividade especialmente fermosa feita por os colexios do Morrazo. Moitas grazas aos compañeiros do CEIP SEQUELO DE MARÍN E CEIP ESPIÑEIRA DE ALDÁN pola organización.

Alborada from josean paz on Vimeo.

30 ene 2014

30 XANEIRO, DÍA DA PAZ

MURAL COLABORATIVO REALIZADO POR TODOS OS ALUMNOS DO COLEXIO. 
CADA AULA REALIZA UN MURAL QUE ILUSTRA UNHA ESTROFA DA CANCIÓN "ACUARELA" DE TOQUINHO EN VERSIÓN GALEGA
PROCESO DE TRABALLO. 

20 dic 2013

BO NADAL !!!

Dende o equipo de Dinamización desexamos para todos un ano novo cheo de ledicia.


19 dic 2013

RECOMENDACIÓN DE NADAL.

Dende a Coordinadora de equipos de dinamización da Lingua do Morrazo, achégannos as recomendacións para o Nadal


     





          INFANTIL











PRIMARIA


SECUNDARIA E BACHARELATO





18 dic 2013

O CALENDARIO DO COLE

As alumnas e alumnos do CEIP MONTEMOGOS adaptan as obras de recoñecidos pintores e pintoras galegos. Aquí tendes o fermoso  resultado.

6 dic 2013

XOSÉ BARREIRO VISITA O COLEXIO

O martes 3 de decembro recibimos unha visita especial. Xosé Barreiro tivo a amabilidade de visitarnos e compartir con nos anécotas da súa vida e amosarnos a súa obra.



28 nov 2013

PINTORES DO NOSO ENTORNO

Dentro do PDI de centro "pintARTE" iniciamos o traballo sobre os pintores que viven ou son oriundos da comarca.
Este trimestre coñecemos a Xosé  Mª Barreiro. Alumnos e alumnas de 4º de primaria elaboraron e mostraron a todos os compañeiros e compañeiras do centro un traballo sobre a súa vida e obra.
         

Pemede nas imaxes para saber máis.

13 nov 2013

UNHA SEMANA MOVIDIÑA

A semana pasada foi unha semana con moitas actividades . Celebramos a "SEMANA DA CIENCIA"  aproveitando o día da ciencia en galego e tamén celebramos o Magosto.
Todos os ciclos participaros nas actividades.
Para o Magosto contamos coa colaboración da ASOCIACIÓN CORREDOIRAS que nos trouxeron unha morea de xogos populares. Pasámolo xenial

PREME NA IMAXE
PREME NA IMAXE

30 oct 2013

O SAMAÍN NO COLE

Todos os nenos e nenas do colexio celebramos o SAMAÍN. Pinchade no enlace para ver as actividades que fixemos.

12 may 2013




                                                         CORRELINGUA 2013

  Volvemos un ano máis a participar na festa da Lingua. Este ano celebrouse en Bueu.
 Infantil participou en obradoiros de xogos populares e Primaria estivo na marcha polas rúas do pobo.
Na praza Massó estivemos tod@s bailando ao ritmo que nos marcaba Luís Prego e o seu grupo.















                 FONDO TEATRAL MARÍA CASARES.



Estivo no noso cole este fondo de libros de teatro que normalmente se encontra na
Biblioteca Central de Cangas, pero que este curso anda itinerante polos centros de ensino do Morrazo.

31 may 2012

CREAMOS PERSONAXES

O día 25 de maio veu ao noso cole un debuxante de cómics chamado ABRAHAM CARREIRO.Tamén é ilustrador e debuxa moi ben. Presentounos aos personaxes dun libro seu titulado XOELIQUI e despois deunos moitos consellos para debuxar, como por exemplo: -As caras dos personaxes: bo, mala, lista, burro...sorprendida, namorado. -Os tipos de bocadillos cando falan os personaxes: cando choran, cando berran, cando están a pensar,.. Ao final tocounos a nós crear un personaxe. Eu, ao principio estaba tan nerviosa que me suaban as mans, pero aprendín moito Na clase fixemos un mural con todos os debuxos. FOI XENIAL!! (Alex Fernández,Óscar Gómez, Claudia Rial,Lucía López)

21 may 2012

CORRELINGUA 2012

O CORRELINGUA  do  Morrazo celebrouse este ano no concello de Moaña. Participaron 1800 nenos/as da comarca. Foi unha gran festa, un gran encontro, onde ademais de festexar o idioma galego, convivimos con outros coles.
Polo CEIP Montemogos participaron 2º e 3º de Primaria e 6º de Infantil.
Os maiores fixeron unha marcha dende o colexio de Reibón ata a praza de Moaña. Os pequenos realizaron  abradoiros que se levaron a cabo na parte de arriba do mercado.
Xuntáronse todos/as diante do palco de Moaña. Alí merendaron e despois bailaron, co grupo PESDELÁN,  as danzas que aprederan ao longo do curso nas clases de Música.