30 nov 2010

O MAGOSTO

O 16 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS NO NOSO COLEXIO UN FANTÁSTICO MAGOSTO. COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS( QUE NOS APORTARON O PICO E OS CAROZOS), ALGÚNS DOS MESTRES COA AXUDA DO NOSO CONXERSE MOISÉS, ASARON AS CASTAÑAS.
DESPOIS DE ESTAR ASADAS E PODER DEGUSTALAS EMBORRÁMONOS UN POUCO. FINALMENTE REALIZAMOS UNHA SERIE DE XOGOS TRADICIONAIS.
FOI UN DÍA DIVERTIDÍSIMO!!!

11 nov 2010

O SAMAÍN

O venres 29 de outubro, celebramos o Samaín no colexio.
Realizamos actividades diversas que nos levaron a coñecer un pouco esta tradi´ción galega e facer unha comparativa coa festa anglosaxona de Halloween.
As fmilias realizaron preciosas cabazas que se expuseron na entrada do colexio, o alumnado de sexto B representou a "Santa Compaña", os nenos e nenas de 2ºA realzaron un traballo de power point que expuseron na bibliotca do centro,e, alumnas de quinto e sexto curso contáronnos relatos de pesadelos.Por último, cantamos unha canción de "Mamá Cabra", "Patatín,Patatán".




9 nov 2010

ACHEGÁMONOS AO SAMAÍN




Queda moi pouco tempo para a celebración do Samaín!
No colexio estamos a preparar sorprendentes actividades que a todos e todas vos van gustar.