16 nov 2011

DESPEDIMOS O SAMAÍN

 Este ano, os nenos e nenas de 2º e 3º Ciclo foron ler os contos TERRORÍFICOS que escribiran  en cursos anteriores a Educación Infantil e a 1º Ciclo.
O resultado foi que os máis pequenos quedaron encantados, pero, a verdade, non moi asustados.



O día 28 de outubro tivemos  unha visita impresionante:
A SANTA COMPAÑA . Andaba por todo o colexio acompañada de música misteriosa e tambores, campaíñas,... Ademais viñan recitando poemas.




Grilos e ralos, rans albariñas,
sapos e bichos de todas crás,(...)


Como me miran eses calabres
e aqueles deños!


Como me miran, facendo moecas
dende as colunas onde me puxeron!
Será mentira, será verdade!

(ROSALÍA DE CASTRO, 
"Follas Novas")



Era un coro resoante,
como un piñar que removen
as témporas do levante;
coro en que hai xordos queixidos,
estralos de de gallas secas
e de corazóns partidos (...)            


Así falei; voz estraña
berrou neste medio tempo:
"Adiante a Santa Compaña"
(CURROS ENRÍQUEZ, "O divino sainete")

13 nov 2011

MAGOSTO 2011

Na véspera de San Martiño celebramos a festa do magosto,  ademais durante esa semana, na HORA DE LER, fomos á biblioteca porque os nenos e nenas de E.Infantil e os de 1º ciclo de Primaria,(preme para acceder ao vídeo) nos leron contos, adiviñas, poemas... da castaña.
Tamén asistimos a unha actuación dun grupo de pandereteiras de 5º e 6º curso.





6 nov 2011

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

                                                       A VÍDEOCONFERENCIA      


O pasado venres día 4 de novembro os alumnos/as de 5º e 6º curso asistimos a unha charla por vídeoconferencia na aula de Informática. A relatora era dona Isabel Fraga, profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Falounos da importancia dos bosques, porque o ano 2011 é o ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES                                      (Cristian, 6º)


A vídeoconferencia foi unha oportunidade para coñecer os bosques e ademais resultou  moi interesante e emocionante polo feito de que había aproximadamente 80 colexios conectados cos que podiamos falar (Irene,6º) 


A min pareceume unha experiencia única.  Explicou moitas cousas (Isabel Fraga). Había un apartado de preguntas, nós escribiámolas e ela contestaba falando, porque nos vídeochat se mira a imaxe.

O 4 de novembro fomos os de 4º á clase de 3º  para ver unha vídeoconferencia.Era unha profesora que falaba dos bosques desde Santiago de Compostela. Copiamos o que nos interesaba na libreta de Coñecemento do Medio A min interesáronme moitas cousas.                    (Adrián,4º)
                                                                                               
Aprendín moitas cousas na VIDEOCONFERENCIA: Os tipos de bosque, os beneficios dos bosques e tamén como se perden as árbores.       (Óscar,4º)




FELICITAMOS  Á COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E A TOD@S  OS QUE FIXERON POSIBLE ESTA EXPERIENCIA.


QUEREMOS RESALTAR, TAMÉN O ENTUSIASMO  E A COLABORACIÓN DO PROFESORADO E DO PERSOAL NON DOCENTE DO NOSO CENTRO PARA  PODER PARTICIPAR NESTA  ACTIVIDADE.