22 may 2015

XXVIII SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS

Xa estamos a piques de rematar a SEMANA CULTURAL. Un días especiais cheos de actividades diferentes. Aqui vos deixamos o programa . Se premedes na imaxes accederedes ao blogue da BIBLIOTECA para ver todo o que se fixo



13 may 2015

CORRELINGUA 2015

Chegou por fin o CORRELINGUA. A gran festa da lingua celebrouse en Bueu igual que en anos anteriores. Dous  mil nenos e nenas de toda a comarca, reuníronse na praza Massó.
Xurxo Souto animou a todos ao berro  de "CORRELINGUA" os rapaces e rapazas do colexioo da Sagrada familia de Aldán subiron ao escenario para cantarnos o seu rap " O galego é de todos" e por fin chegou PACO NOGUEIRAS  ao que todos os nenos esperaban con emoción´
Mención especial para actuación dos gaiteiros de HÍO xa que non hai festa galega que se teña coma tal, se non conta con gaiteiros.
     

          Os nosos parabéns á organización !!!

6 may 2015

ESTAMOS EMOCIONADOS!!!

Xa se achega a data do CORRELINGUA, en Bueu. Xa o temos todo preparado, esperamos que sexa un día estupendo.
Fixemos unhas chapas preciosas.