13 may 2015

CORRELINGUA 2015

Chegou por fin o CORRELINGUA. A gran festa da lingua celebrouse en Bueu igual que en anos anteriores. Dous  mil nenos e nenas de toda a comarca, reuníronse na praza Massó.
Xurxo Souto animou a todos ao berro  de "CORRELINGUA" os rapaces e rapazas do colexioo da Sagrada familia de Aldán subiron ao escenario para cantarnos o seu rap " O galego é de todos" e por fin chegou PACO NOGUEIRAS  ao que todos os nenos esperaban con emoción´
Mención especial para actuación dos gaiteiros de HÍO xa que non hai festa galega que se teña coma tal, se non conta con gaiteiros.
     

          Os nosos parabéns á organización !!!