29 oct 2015

SAMAÍN 2015

 

      Un ano máis os alumnos e a súas familias colaboraron para a exposición de cabazas.
    A Santa Compaña visitou as aulas.  Contos de medo e una recitación do poema "o lobo"de Manuel María do se libro "Soños na gaiola"
        Así foi a nosa cecebración do SAMAÍN.


 

 
 

3 oct 2015

PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2015

    O 22 de setembro do 2015 otorgáronse os premios da cultura galega. Estes galardóns, convocados pola Xunta de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións nos distintos ámbitos da creación, a conservación do patrimonio e a difusión da cultura galega.
  


                   Na modalidade de Letras a premiada foi a escritora Fina Casalderrey.











                  
          O debuxante Miguelanxo Prado foi o galardoado na modalidade   de Artes Plásticas.


 
O Premio Cultura Galega de Artes Escénicas
 recaeu en María Bouzas.
 
 
 
 
 
 
 O recoñecemento do xurado na modalidade de Música foi para o Coro Toxos e Froles
 
 
 
 
Na categoría de Audiovisual o premio recaeu este ano no cineasta Ignacio Vilar. 
 
 
 
 
      Na modalidade de Lingua o galardón deste ano é para a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística .
 
 
       Na modalidade de Patrimonio Cultural, o xurado recoñeceu o traballo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
 
     A investigadora Kathleen Nora March  foi a gañadora na modalidade de Promoción Exterior.