Na modalidade de Letras a premiada foi a escritora Fina Casalderrey.
O debuxante Miguelanxo Prado foi o galardoado na modalidade de Artes Plásticas.
O Premio Cultura Galega de Artes Escénicas
recaeu en María Bouzas.
O recoñecemento do xurado na modalidade de Música foi para o Coro Toxos e Froles
Na categoría de Audiovisual o premio recaeu este ano no cineasta Ignacio Vilar.
Na modalidade de Lingua o galardón deste ano é para a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística .
Na modalidade de Patrimonio Cultural, o xurado recoñeceu o traballo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
A investigadora Kathleen Nora March foi a gañadora na modalidade de Promoción Exterior.