Rematamos o primeiro trimestre celebrando o FESTIVAL DE NADAL con panxoliñas, bailes e cun recordo especial para ÁLVARO CUNQUEIRO no Centenario do seu Nacemento (22 de decembro):
Os nenos e nenas de 5º e 6º interpretaron un dos seus poemas máis coñecidos: "No niño novo do vento"
29 dic 2011
18 dic 2011
BO NADAL!
"Desexamos que sexa a estrela dos afectos a que guíe a lingua galega, unha luz que a todos e todas une". (Manuel Bragado. Faro de Vigo,19 de decembro de 2011)
8 dic 2011
CASTAÑAS SAUDABLES
Durante este curso no noso centro estamos traballando no proxecto de
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
e ao longo desta semana os nenos e nenas de terceiro de primaria estiveron expoñendo na biblioteca do cole un traballo que fixereron sobre
A CASTAÑA
Dende o equipo de dinamización queremos felicitalos porque o traballo estaba moi ben feito e a maneira de presentalo resultou moi clara e interesante. Aprendemos algunhas cousas novas sobre as castañas e lembramos outras que xa sabiamos.
Ao rematar a exposición fixeron preguntas e así poideron comprobar que os compañeir@s estiveran moi atent@s
PARABÉNS!!!
16 nov 2011
DESPEDIMOS O SAMAÍN
Este ano, os nenos e nenas de 2º e 3º Ciclo foron ler os contos TERRORÍFICOS que escribiran en cursos anteriores a Educación Infantil e a 1º Ciclo.
O resultado foi que os máis pequenos quedaron encantados, pero, a verdade, non moi asustados.
O día 28 de outubro tivemos unha visita impresionante:
A SANTA COMPAÑA . Andaba por todo o colexio acompañada de música misteriosa e tambores, campaíñas,... Ademais viñan recitando poemas.
Grilos e ralos, rans albariñas,
sapos e bichos de todas crás,(...)
Como me miran eses calabres
e aqueles deños!
Como me miran, facendo moecas
dende as colunas onde me puxeron!
Será mentira, será verdade!
(ROSALÍA DE CASTRO,
"Follas Novas")
Era un coro resoante,
como un piñar que removen
as témporas do levante;
coro en que hai xordos queixidos,
estralos de de gallas secas
e de corazóns partidos (...)
Así falei; voz estraña
berrou neste medio tempo:
"Adiante a Santa Compaña"
(CURROS ENRÍQUEZ, "O divino sainete")

13 nov 2011
MAGOSTO 2011
Na véspera de San Martiño celebramos a festa do magosto, ademais durante esa semana, na HORA DE LER, fomos á biblioteca porque os nenos e nenas de E.Infantil e os de 1º ciclo de Primaria,(preme para acceder ao vídeo) nos leron contos, adiviñas, poemas... da castaña.
Tamén asistimos a unha actuación dun grupo de pandereteiras de 5º e 6º curso.
Tamén asistimos a unha actuación dun grupo de pandereteiras de 5º e 6º curso.
9 nov 2011
6 nov 2011
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
A VÍDEOCONFERENCIA
O pasado venres día 4 de novembro os alumnos/as de 5º e 6º curso asistimos a unha charla por vídeoconferencia na aula de Informática. A relatora era dona Isabel Fraga, profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Falounos da importancia dos bosques, porque o ano 2011 é o ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES (Cristian, 6º)
A vídeoconferencia foi unha oportunidade para coñecer os bosques e ademais resultou moi interesante e emocionante polo feito de que había aproximadamente 80 colexios conectados cos que podiamos falar (Irene,6º)
A min pareceume unha experiencia única. Explicou moitas cousas (Isabel Fraga). Había un apartado de preguntas, nós escribiámolas e ela contestaba falando, porque nos vídeochat se mira a imaxe.
O 4 de novembro fomos os de 4º á clase de 3º para ver unha vídeoconferencia.Era unha profesora que falaba dos bosques desde Santiago de Compostela. Copiamos o que nos interesaba na libreta de Coñecemento do Medio A min interesáronme moitas cousas. (Adrián,4º)
Aprendín moitas cousas na VIDEOCONFERENCIA: Os tipos de bosque, os beneficios dos bosques e tamén como se perden as árbores. (Óscar,4º)
FELICITAMOS Á COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E A TOD@S OS QUE FIXERON POSIBLE ESTA EXPERIENCIA.
QUEREMOS RESALTAR, TAMÉN O ENTUSIASMO E A COLABORACIÓN DO PROFESORADO E DO PERSOAL NON DOCENTE DO NOSO CENTRO PARA PODER PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE.

10 jun 2011
LINGUA MINORITARIA...
SI PENSAS QUE O GALEGO É UNHA LINGUA MINORITARIA, NON DEIXES DE VER ESTE VIDEO...
http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=scARyXKiZHk
http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=scARyXKiZHk
15 may 2011
10 may 2011
LOIS PEREIRO
ESTE ANO 2011 O ESCRITOR CONMEMÓRASE NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS AO ESCRITOR LOIS PEREIRO.
A COORDINADORA DE EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PON A DISPOSICIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA UN TRABALLO MONOGRAFICO SOBRE A SUA VIDA .
Preme na imaxe para acceder á información
A COORDINADORA DE EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PON A DISPOSICIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA UN TRABALLO MONOGRAFICO SOBRE A SUA VIDA .
Preme na imaxe para acceder á información
11 abr 2011
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, CONTAMOS COA VISITA DUN CONTACONTOS:BARDO ABELARDO,PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º,2º E 3º DE PRIMARIA.
A ACTUACIÓN RESULTOU DIVERTIDÍSIMA!!! ESCOITAMOS, CANTAMOS E MESMO TIVEMOS TEMPO DE "DANZAR" CO SEU ESPECTÁCULO "OS CANTOS DO BARDO ABELARDO".
A ACTUACIÓN RESULTOU DIVERTIDÍSIMA!!! ESCOITAMOS, CANTAMOS E MESMO TIVEMOS TEMPO DE "DANZAR" CO SEU ESPECTÁCULO "OS CANTOS DO BARDO ABELARDO".
28 feb 2011
O ENTROIDO
A Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega, pon a disposición de toda a comunidade educativa unha serie de interesantísimos recursos para traballar e afondar sobre o Entroido galego.
Pincha sobre o enlace e verás...
Pincha sobre o enlace e verás...
8 feb 2011
1 feb 2011
DÍA DA PAZ
O DÍA 28 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ.
DESPOIS DE REFLEXIONAR NAS AULAS SOBRE A SÚA IMPORTANCIA PARA A MELLOR CONVIVENCIA DE TODO@S VISUALIZAMOS O CONTO DE WANGARI NA BIBLIOTECA, CANTAMOS A CANCIÓN "IMAGINE" DE JOHN LENNON E DANZAMOS "A CARRASQUIÑA".
FOI UN DIA ESTUPENDO!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)