Este ano, os nenos e nenas de 2º e 3º Ciclo foron ler os contos TERRORÍFICOS que escribiran en cursos anteriores a Educación Infantil e a 1º Ciclo.
O resultado foi que os máis pequenos quedaron encantados, pero, a verdade, non moi asustados.
O día 28 de outubro tivemos unha visita impresionante:
A SANTA COMPAÑA . Andaba por todo o colexio acompañada de música misteriosa e tambores, campaíñas,... Ademais viñan recitando poemas.
Grilos e ralos, rans albariñas,
sapos e bichos de todas crás,(...)
Como me miran eses calabres
e aqueles deños!
Como me miran, facendo moecas
dende as colunas onde me puxeron!
Será mentira, será verdade!
(ROSALÍA DE CASTRO,
"Follas Novas")
Era un coro resoante,
como un piñar que removen
as témporas do levante;
coro en que hai xordos queixidos,
estralos de de gallas secas
e de corazóns partidos (...)
Así falei; voz estraña
berrou neste medio tempo:
"Adiante a Santa Compaña"
(CURROS ENRÍQUEZ, "O divino sainete")