A VÍDEOCONFERENCIA
O pasado venres día 4 de novembro os alumnos/as de 5º e 6º curso asistimos a unha charla por vídeoconferencia na aula de Informática. A relatora era dona Isabel Fraga, profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Falounos da importancia dos bosques, porque o ano 2011 é o ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES (Cristian, 6º)
A vídeoconferencia foi unha oportunidade para coñecer os bosques e ademais resultou moi interesante e emocionante polo feito de que había aproximadamente 80 colexios conectados cos que podiamos falar (Irene,6º)
A min pareceume unha experiencia única. Explicou moitas cousas (Isabel Fraga). Había un apartado de preguntas, nós escribiámolas e ela contestaba falando, porque nos vídeochat se mira a imaxe.
O 4 de novembro fomos os de 4º á clase de 3º para ver unha vídeoconferencia.Era unha profesora que falaba dos bosques desde Santiago de Compostela. Copiamos o que nos interesaba na libreta de Coñecemento do Medio A min interesáronme moitas cousas. (Adrián,4º)
Aprendín moitas cousas na VIDEOCONFERENCIA: Os tipos de bosque, os beneficios dos bosques e tamén como se perden as árbores. (Óscar,4º)
FELICITAMOS Á COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E A TOD@S OS QUE FIXERON POSIBLE ESTA EXPERIENCIA.
QUEREMOS RESALTAR, TAMÉN O ENTUSIASMO E A COLABORACIÓN DO PROFESORADO E DO PERSOAL NON DOCENTE DO NOSO CENTRO PARA PODER PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE.