18 dic 2015

BO NADAL

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexa un BO NADAL a toda a comunidade educativa.

4 dic 2015

GUÍAS DE LECTURA

  Un ano máis dende a Coordinadora de Dinamización temos unhas suxestións para as vindeiras lecturas. ESPERAMOS QUE AS DISFRUTEDES.


   Lembrade  que  UN  LIBRO  É  UN  BO  AGASALLO.

15 nov 2015

CASTAÑAS E XOGOS POPULARES

  Un ano máis o colexio celebra o MAGOSTO, unha festa de moita tradición na cultura galega.
 A ASOCIACIÓN CORREDOIRAS  trae unha selección de xogos tradicionais que dos que non didfrutamos acotío.


6 nov 2015

CIENCIA EN GALEGO

  O mércores 4 de novembro celebramos o día da ciencia en galego. Celebración que se prolongará durante todo este mes.
  Temos unha inportante exposición de BICHIÑOS na biblioteca, que pode ser visitada.

  Tamén nesta semana fixemos exposicións de traballos de investigación, tanto para o alumnado como para as familias.

29 oct 2015

SAMAÍN 2015

 

      Un ano máis os alumnos e a súas familias colaboraron para a exposición de cabazas.
    A Santa Compaña visitou as aulas.  Contos de medo e una recitación do poema "o lobo"de Manuel María do se libro "Soños na gaiola"
        Así foi a nosa cecebración do SAMAÍN.


 

 
 

3 oct 2015

PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2015

    O 22 de setembro do 2015 otorgáronse os premios da cultura galega. Estes galardóns, convocados pola Xunta de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións nos distintos ámbitos da creación, a conservación do patrimonio e a difusión da cultura galega.
  


                   Na modalidade de Letras a premiada foi a escritora Fina Casalderrey.











                  
          O debuxante Miguelanxo Prado foi o galardoado na modalidade   de Artes Plásticas.


 
O Premio Cultura Galega de Artes Escénicas
 recaeu en María Bouzas.
 
 
 
 
 
 
 O recoñecemento do xurado na modalidade de Música foi para o Coro Toxos e Froles
 
 
 
 
Na categoría de Audiovisual o premio recaeu este ano no cineasta Ignacio Vilar. 
 
 
 
 
      Na modalidade de Lingua o galardón deste ano é para a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística .
 
 
       Na modalidade de Patrimonio Cultural, o xurado recoñeceu o traballo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
 
     A investigadora Kathleen Nora March  foi a gañadora na modalidade de Promoción Exterior.
 
 
 
 
 

22 may 2015

XXVIII SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS

Xa estamos a piques de rematar a SEMANA CULTURAL. Un días especiais cheos de actividades diferentes. Aqui vos deixamos o programa . Se premedes na imaxes accederedes ao blogue da BIBLIOTECA para ver todo o que se fixo



13 may 2015

CORRELINGUA 2015

Chegou por fin o CORRELINGUA. A gran festa da lingua celebrouse en Bueu igual que en anos anteriores. Dous  mil nenos e nenas de toda a comarca, reuníronse na praza Massó.
Xurxo Souto animou a todos ao berro  de "CORRELINGUA" os rapaces e rapazas do colexioo da Sagrada familia de Aldán subiron ao escenario para cantarnos o seu rap " O galego é de todos" e por fin chegou PACO NOGUEIRAS  ao que todos os nenos esperaban con emoción´
Mención especial para actuación dos gaiteiros de HÍO xa que non hai festa galega que se teña coma tal, se non conta con gaiteiros.
     

          Os nosos parabéns á organización !!!

6 may 2015

ESTAMOS EMOCIONADOS!!!

Xa se achega a data do CORRELINGUA, en Bueu. Xa o temos todo preparado, esperamos que sexa un día estupendo.
Fixemos unhas chapas preciosas.

26 abr 2015

ABRIL MES DOS LIBROS

Ao longo de todo de todo o mes de Abril o colexio estivo cheo de actividades donde os libros foron protagonistas absolutos das actividades. " APADRIÑAMENTOS" "AS FAMILIAS CONTAN" protagonistaVOLUNTARIADO LECTO, RECITAL DE POESÍA, ...co galego como protagonista.
Accede ao blogue da nosa Biblioteca para disfrutar coas fotos.

                                             BIBLIOMONTEMOGOS


                                             

24 feb 2015

SEMANA DE ROSALÍA

Ao longo de toda a semana estamos a levar a cabo diferentes actividades para conmemorar o 178 cumpreanos da escritora. Se queres coñecelas máis polo miudo accde ao blogue da BIBLIOTECA



16 feb 2015

DIA DA PAZ.

PREME NA PALABRA PAZ PARA ACCEDER AO RESUMO DE ACTIVIDADES

                                                          PAZ

22 ene 2015

VOLUNTARIADO LECTOR

Iniciamos as activiadades de VOLUNTARIADO LECTOR coas lecturas en Infantil. Unha experiencias estupenda para todos. O tema de hoxe foi "LECTURAS CON MOITA CIENCIA"