29 oct 2015
SAMAÍN 2015
Un ano máis os alumnos e a súas familias colaboraron para a exposición de cabazas.
A Santa Compaña visitou as aulas. Contos de medo e una recitación do poema "o lobo"de Manuel María do se libro "Soños na gaiola"
Así foi a nosa cecebración do SAMAÍN.
3 oct 2015
PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2015
O 22 de setembro do 2015 otorgáronse os premios da cultura galega. Estes galardóns, convocados pola Xunta de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións nos distintos ámbitos da creación, a conservación do patrimonio e a difusión da cultura galega.
Na modalidade de Letras a premiada foi a escritora Fina Casalderrey.

O debuxante Miguelanxo Prado foi o galardoado na modalidade de Artes Plásticas.

Na modalidade de Letras a premiada foi a escritora Fina Casalderrey.

O debuxante Miguelanxo Prado foi o galardoado na modalidade de Artes Plásticas.

O Premio Cultura Galega de Artes Escénicas
recaeu en María Bouzas.
O recoñecemento do xurado na modalidade de Música foi para o Coro Toxos e Froles
Na categoría de Audiovisual o premio recaeu este ano no cineasta Ignacio Vilar.
Na modalidade de Lingua o galardón deste ano é para a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística .
Na modalidade de Patrimonio Cultural, o xurado recoñeceu o traballo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
A investigadora Kathleen Nora March foi a gañadora na modalidade de Promoción Exterior.
22 may 2015
XXVIII SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS
Xa estamos a piques de rematar a SEMANA CULTURAL. Un días especiais cheos de actividades diferentes. Aqui vos deixamos o programa . Se premedes na imaxes accederedes ao blogue da BIBLIOTECA para ver todo o que se fixo
13 may 2015
CORRELINGUA 2015
Chegou por fin o CORRELINGUA. A gran festa da lingua celebrouse en Bueu igual que en anos anteriores. Dous mil nenos e nenas de toda a comarca, reuníronse na praza Massó.
Xurxo Souto animou a todos ao berro de "CORRELINGUA" os rapaces e rapazas do colexioo da Sagrada familia de Aldán subiron ao escenario para cantarnos o seu rap " O galego é de todos" e por fin chegou PACO NOGUEIRAS ao que todos os nenos esperaban con emoción´
Mención especial para actuación dos gaiteiros de HÍO xa que non hai festa galega que se teña coma tal, se non conta con gaiteiros.
Os nosos parabéns á organización !!!

11 may 2015
6 may 2015
ESTAMOS EMOCIONADOS!!!
Xa se achega a data do CORRELINGUA, en Bueu. Xa o temos todo preparado, esperamos que sexa un día estupendo.
Fixemos unhas chapas preciosas.
Fixemos unhas chapas preciosas.
26 abr 2015
ABRIL MES DOS LIBROS
Ao longo de todo de todo o mes de Abril o colexio estivo cheo de actividades donde os libros foron protagonistas absolutos das actividades. " APADRIÑAMENTOS" "AS FAMILIAS CONTAN" protagonistaVOLUNTARIADO LECTO, RECITAL DE POESÍA, ...co galego como protagonista.
Accede ao blogue da nosa Biblioteca para disfrutar coas fotos.
BIBLIOMONTEMOGOS
Accede ao blogue da nosa Biblioteca para disfrutar coas fotos.
BIBLIOMONTEMOGOS
4 mar 2015
24 feb 2015
SEMANA DE ROSALÍA
Ao longo de toda a semana estamos a levar a cabo diferentes actividades para conmemorar o 178 cumpreanos da escritora. Se queres coñecelas máis polo miudo accde ao blogue da BIBLIOTECA
16 feb 2015
22 ene 2015
VOLUNTARIADO LECTOR
Iniciamos as activiadades de VOLUNTARIADO LECTOR coas lecturas en Infantil. Unha experiencias estupenda para todos. O tema de hoxe foi "LECTURAS CON MOITA CIENCIA"
20 ene 2015
17 dic 2014
GUÍAS DE LECTURA PARA O NADAL
Como en anos anteriores facemos chegar as familias as recomendación elaboradas pola Coordinadora de equipos dinamización da lingua do Morrazo coas suxestións de diversos centros da comarca.
GUÍAS DE INFANTIL
GUÍAS DE PRIMARIA
GUÍAS DE SECUNDARIA
GUÍAS DE INFANTIL
GUÍAS DE PRIMARIA
GUÍAS DE SECUNDARIA
11 dic 2014
13 nov 2014
LECTURAS CIENTÍFICAS RECOMENDADAS
Libros de ciencia divertida. A proposta do equipo de Biblioteca mesturas lecturas en castelán e en galego. Unha vez máis constatamos a dificultade de atopar materiais axeitados en galego.
3 nov 2014
ESTAMOS NA SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO
Xogos matemáticos, actividades na biblioteca, recomendación de libros de ciencia...Actividades para toda a semana. Disfrutemos delas
ConCIENCIA
ConCIENCIA
9 oct 2014
O NOVO CALENDARIO
Xa temos en marcha o calendario do ano 2015 . Non adiantamos a súa temática pero esperamos que teña tan boa acollida como o do ano anterior.
6 oct 2014
19 may 2014
14 may 2014
CORRELINGUA 2014
Un ano máis o CORRELINGUA resultou un éxito. Parabéns para todos os participantes nesta estupenda FESTA DA LINGUA
28 abr 2014
14 abr 2014
6 mar 2014
8 DE MARZO, DIA DA MULLER
Accde ao BLOG da BIBLIOTECA . Atoparás información sobre MULLERES PIN TORAS
1 mar 2014
25 feb 2014
24 feb 2014
"O MORRAZO ESPERTA GALICIA"
Unha actividade especialmente fermosa feita por os colexios do Morrazo. Moitas grazas aos compañeiros do CEIP SEQUELO DE MARÍN E CEIP ESPIÑEIRA DE ALDÁN pola organización.
Alborada from josean paz on Vimeo.
20 feb 2014
30 ene 2014
30 XANEIRO, DÍA DA PAZ
MURAL COLABORATIVO REALIZADO POR TODOS OS ALUMNOS DO COLEXIO.
CADA AULA REALIZA UN MURAL QUE ILUSTRA UNHA ESTROFA DA CANCIÓN "ACUARELA" DE TOQUINHO EN VERSIÓN GALEGA
PROCESO DE TRABALLO.
22 ene 2014
20 dic 2013
19 dic 2013
RECOMENDACIÓN DE NADAL.
18 dic 2013
O CALENDARIO DO COLE
As alumnas e alumnos do CEIP MONTEMOGOS adaptan as obras de recoñecidos pintores e pintoras galegos. Aquí tendes o fermoso resultado.
6 dic 2013
XOSÉ BARREIRO VISITA O COLEXIO
28 nov 2013
PINTORES DO NOSO ENTORNO
Dentro do PDI de centro "pintARTE" iniciamos o traballo sobre os pintores que viven ou son oriundos da comarca.
Este trimestre coñecemos a Xosé Mª Barreiro. Alumnos e alumnas de 4º de primaria elaboraron e mostraron a todos os compañeiros e compañeiras do centro un traballo sobre a súa vida e obra.

Pemede nas imaxes para saber máis.

21 nov 2013
13 nov 2013
UNHA SEMANA MOVIDIÑA
A semana pasada foi unha semana con moitas actividades . Celebramos a "SEMANA DA CIENCIA" aproveitando o día da ciencia en galego e tamén celebramos o Magosto.
Todos os ciclos participaros nas actividades.
Para o Magosto contamos coa colaboración da ASOCIACIÓN CORREDOIRAS que nos trouxeron unha morea de xogos populares. Pasámolo xenial
Todos os ciclos participaros nas actividades.
Para o Magosto contamos coa colaboración da ASOCIACIÓN CORREDOIRAS que nos trouxeron unha morea de xogos populares. Pasámolo xenial
| PREME NA IMAXE |
| PREME NA IMAXE |
30 oct 2013
O SAMAÍN NO COLE
Todos os nenos e nenas do colexio celebramos o SAMAÍN. Pinchade no enlace para ver as actividades que fixemos.
11 oct 2013
12 sept 2013
12 may 2013
31 may 2012
CREAMOS PERSONAXES
O día 25 de maio veu ao noso cole un debuxante de cómics chamado ABRAHAM CARREIRO.Tamén é ilustrador e debuxa moi ben.
Presentounos aos personaxes dun libro seu titulado XOELIQUI e despois deunos moitos consellos para debuxar, como por exemplo:
-As caras dos personaxes: bo, mala, lista, burro...sorprendida, namorado.
-Os tipos de bocadillos cando falan os personaxes: cando choran, cando berran, cando están a pensar,..
Ao final tocounos a nós crear un personaxe.
Eu, ao principio estaba tan nerviosa que me suaban as mans, pero aprendín moito
Na clase fixemos un mural con todos os debuxos.
FOI XENIAL!!
(Alex Fernández,Óscar Gómez, Claudia Rial,Lucía López)
21 may 2012
CORRELINGUA 2012
O CORRELINGUA do Morrazo celebrouse este ano no concello de Moaña. Participaron 1800 nenos/as da comarca. Foi unha gran festa, un gran encontro, onde ademais de festexar o idioma galego, convivimos con outros coles.
Polo CEIP Montemogos participaron 2º e 3º de Primaria e 6º de Infantil.
Os maiores fixeron unha marcha dende o colexio de Reibón ata a praza de Moaña. Os pequenos realizaron abradoiros que se levaron a cabo na parte de arriba do mercado.
Xuntáronse todos/as diante do palco de Moaña. Alí merendaron e despois bailaron, co grupo PESDELÁN, as danzas que aprederan ao longo do curso nas clases de Música.

28 abr 2012
SEMANA DO LIBRO
OS DÍA 23 E 27 DE ABRIL OS CURSOS DE TERCEIRO A SEXTO DE PRIMARIA FORON A LERLLES AOS MÁIS PEQUENOS.
OS MAIORES FACÍAN DE PADRIÑOS/MADRIÑAS E OS PEQUENOS ERAN OS AFILLADOS/AS. (ADRIÁN GESTIDO)
"A min tocoume Xulia, unha nena simpática, madura, alegre e guapa. O que máis me gustou dela é que falaba moito e me preguntaba o que non sabía" (ZAIRA ROSALES)
"Eu linlle "O ladrón de salchichón" e paseino xenial léndolle o conto que me gustaba a min de pequeno" (DANIEL OTERO)
"A miña afillada foi Carlota. O primeiro día era tímida, non falaba e eu tampouco sabía que dicirlle... O segundo día divertinme moito, rímonos, porque xa nos coñeciamos máis, falamos e conteille un conto dos Bolechas. Paseino moi ben (JORGE MILLÁN)
"Eu fun padriño de Miguel. Línlle "O coelliño branco". Gustoulle moito o conto e quería repetir e eu tamén quero repetir. Foi unha experiencia moi boa e serve tamén para coñecer mellor aos pequenos. (ÓSCAR GÓMEZ)
"Linlle o conto coas miñas palabras e encantoulle porque prefire que llo conte coas miñas palabras e non que llo lea como está no libro" (ZAIRA ROSALES)
p;

17 mar 2012
UN PAN DE COLOR LILA
Meiro é unha aldea de Bueu cunha Asociación Cultural que leva moitos anos desenvolvendo un labor importantísimo na conservación e difusión dun traballo e dunha cultura, que ao menos nesta parte do país, estase a perder: O CULTIVO DO MILLO e ademais do millo menos estimado: O MILLO CORVO.
No outono xa participaramos na RECOLLEITA E ESFOLLADA e agora voltamos porque as espigas estaban preparadas para seren DEBULLADAS. Tamén nos achegamos ao muíño para MOER e no forno COCEMOS o pan.De premio recibimos un anaquiño de PAN DE MILLO CORVO.Riquísimo, por certo!
Moitas grazas á Asociación Cultural de Meiro polo seu acollemento e por darnos a oportunidade de aprendermos dun xeito tan activo.

12 mar 2012
9 mar 2012
DIA INTERNACIONAL DA MULLER
PREME NA IMAXE PARA VER AS ACTIVIDADES QUE SE FIXERON NO COLEXIO AO LONGO DESTA SEMANA CO
24 feb 2012
21 feb 2012
ENTROIDO 2012
Un Entroido moi, moi apetitoso.
As comparsas que fixemos este ano no cole tiñan un fio que as unía:
A ALIMENTACION SAUDABLE.
Foi por iso que había:
As comparsas que fixemos este ano no cole tiñan un fio que as unía:
A ALIMENTACION SAUDABLE.
Foi por iso que había:
- Moitas froitas (E; Infantil e 1º ciclo de Primaria)
- Cociñeiros/as (2º ciclo de Primaria)
- Cunqueiros e Merlíns para falarnos da cociña galega (3º ciclo de Primaria)
Ao longo das últimas semanas fomos preparando os traxes e as coplas. O venres, 17 de febreiro, saimos en desfile polas rúas de Beluso. Despois interpretamos as nosas cantigas no Salón de Actos e rematamos compartindo unha merenda especial: orellas, filloses, chulas,...
8 feb 2012
PALABRAS DE CARAMELO
O día 7 de febreiro recibimos na BIBLIOTECA do cole a visita do escritor Gonzalo Moure. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º poidemos falar con el e comentar os seus libros: "Cama e conto" e "Palabras de caramelo"
6 feb 2012
1 feb 2012
DIA DA PAZ
"Cando chova forte e semellen non ter fin
as neboliñas que roldan por aquí,
terás o meu abrigo, o meu corazón amigo
para ti." (Arco da vella)
Un ano máis, o pasado día 30 de xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ. Saimos ao patio e o equipo de mediadores/as de 3º ciclo recordaron a GHANDI e os motivos polos que se elixiu esta data como día da NON VIOLENCIA.
Cantamos a canción do ARCO DA VELLA e bailamos a danza do "Caminho de Viseu".
Durante a semana estivemos pintando cadros de Picasso (Guernica e Pomba da paz)
Pincha aqui para acceder as imaxes

Suscribirse a:
Entradas (Atom)