17 mar 2012

UN PAN DE COLOR LILA

Meiro é unha aldea de Bueu cunha Asociación Cultural que leva moitos anos desenvolvendo un labor importantísimo na conservación e difusión dun traballo e dunha cultura, que ao menos nesta parte do país, estase a perder: O CULTIVO DO MILLO e ademais do millo menos estimado: O MILLO CORVO.
No outono xa participaramos na RECOLLEITA E ESFOLLADA e agora voltamos porque as espigas estaban preparadas para seren DEBULLADAS. Tamén nos achegamos ao muíño para MOER e no forno COCEMOS o pan.De premio recibimos un anaquiño de PAN DE MILLO CORVO.Riquísimo, por certo!
Moitas grazas á Asociación Cultural de Meiro polo seu acollemento e por darnos a oportunidade de aprendermos dun xeito tan activo.


9 mar 2012

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

PREME NA IMAXE PARA VER AS ACTIVIDADES QUE SE FIXERON NO COLEXIO AO LONGO DESTA SEMANA CO
LEMA: "TOD@S IGUAIS, TOD@S IMPORTANTES"

21 feb 2012

ENTROIDO 2012

Un Entroido moi, moi apetitoso.
As comparsas que fixemos este ano no cole tiñan un fio que as unía:
             A ALIMENTACION SAUDABLE.
Foi por iso que había:

  • Moitas froitas (E; Infantil e 1º ciclo de Primaria)
  • Cociñeiros/as (2º ciclo de Primaria)
  • Cunqueiros e Merlíns para falarnos da cociña galega (3º ciclo de Primaria)
Ao longo das últimas semanas fomos preparando os traxes e as coplas. O venres, 17 de febreiro, saimos en desfile polas rúas de Beluso. Despois interpretamos as nosas cantigas no Salón de Actos e rematamos compartindo unha merenda especial: orellas, filloses, chulas,...



8 feb 2012

PALABRAS DE CARAMELO

O día 7 de febreiro recibimos na BIBLIOTECA do cole a visita do escritor Gonzalo Moure. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º poidemos falar con el e comentar os seus libros: "Cama e conto"  e "Palabras de caramelo"

1 feb 2012

DIA DA PAZ

 "Cando chova forte e semellen non ter fin 
as neboliñas que roldan por aquí, 
terás o meu abrigo, o meu corazón amigo 
para ti."  (Arco da vella)
Un ano máis, o pasado día 30 de xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ. Saimos ao patio e o equipo de mediadores/as de 3º ciclo recordaron a GHANDI e os motivos polos que se elixiu esta data como día da NON VIOLENCIA.
Cantamos a canción do ARCO DA VELLA e bailamos a danza do "Caminho de Viseu".
Durante a semana estivemos pintando cadros  de Picasso (Guernica e Pomba da paz)
Pincha aqui para acceder as imaxes

19 ene 2012

CENTENARIO DE ÁLVARO CUNQUEIRO

   Con motivo da conmemoración do centenario do nacemento de A. Cunqueiro, o alumnado de cuarto, quinto e sexto de Primaria asistiu o pasado día 17 a unha exposición sobre a vida e obra do escritor de Mondoñedo, na Casa Galega da Cultura, en Vigo.
  Neste centro poideron coñecer tamén o legado deixado á cidade de Vigo por  don Francisco del Riego consistente nunha gran biblioteca e unha interesante pinacoteca.
  No mesmo edificio visitaron ademais a Fundación Penzol.
  Queremos dar as gracias ás persoas que nos serviron de guias nesta visita pola sua amabilidade e polo cariño que amosan co patrimonio que están a coidar.

29 dic 2011

FESTIVAL DE NADAL

 Rematamos o primeiro trimestre celebrando o FESTIVAL DE NADAL con panxoliñas, bailes e  cun recordo especial  para ÁLVARO CUNQUEIRO no Centenario do seu Nacemento (22 de decembro):
Os nenos e nenas de 5º e 6º interpretaron un dos seus poemas máis coñecidos: "No niño novo do vento" 


18 dic 2011

BO NADAL!

"Desexamos que sexa a estrela dos afectos a que guíe a lingua galega, unha luz que a todos e todas une". (Manuel Bragado. Faro de Vigo,19 de decembro de 2011)

8 dic 2011

CASTAÑAS SAUDABLES

Durante este curso no noso centro estamos traballando no  proxecto de
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
e ao longo desta semana os nenos e nenas de terceiro de primaria estiveron expoñendo na biblioteca do cole un traballo que fixereron sobre 
 A CASTAÑA

Dende o equipo de dinamización queremos felicitalos porque o traballo estaba moi ben feito e a maneira de presentalo resultou moi clara e interesante. Aprendemos algunhas cousas novas sobre as castañas e lembramos outras que xa sabiamos.

Ao rematar a exposición fixeron preguntas e así poideron comprobar que os compañeir@s estiveran moi atent@s
                                  PARABÉNS!!! 

16 nov 2011

DESPEDIMOS O SAMAÍN

 Este ano, os nenos e nenas de 2º e 3º Ciclo foron ler os contos TERRORÍFICOS que escribiran  en cursos anteriores a Educación Infantil e a 1º Ciclo.
O resultado foi que os máis pequenos quedaron encantados, pero, a verdade, non moi asustados.



O día 28 de outubro tivemos  unha visita impresionante:
A SANTA COMPAÑA . Andaba por todo o colexio acompañada de música misteriosa e tambores, campaíñas,... Ademais viñan recitando poemas.




Grilos e ralos, rans albariñas,
sapos e bichos de todas crás,(...)


Como me miran eses calabres
e aqueles deños!


Como me miran, facendo moecas
dende as colunas onde me puxeron!
Será mentira, será verdade!

(ROSALÍA DE CASTRO, 
"Follas Novas")



Era un coro resoante,
como un piñar que removen
as témporas do levante;
coro en que hai xordos queixidos,
estralos de de gallas secas
e de corazóns partidos (...)            


Así falei; voz estraña
berrou neste medio tempo:
"Adiante a Santa Compaña"
(CURROS ENRÍQUEZ, "O divino sainete")

13 nov 2011

MAGOSTO 2011

Na véspera de San Martiño celebramos a festa do magosto,  ademais durante esa semana, na HORA DE LER, fomos á biblioteca porque os nenos e nenas de E.Infantil e os de 1º ciclo de Primaria,(preme para acceder ao vídeo) nos leron contos, adiviñas, poemas... da castaña.
Tamén asistimos a unha actuación dun grupo de pandereteiras de 5º e 6º curso.





6 nov 2011

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

                                                       A VÍDEOCONFERENCIA      


O pasado venres día 4 de novembro os alumnos/as de 5º e 6º curso asistimos a unha charla por vídeoconferencia na aula de Informática. A relatora era dona Isabel Fraga, profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Falounos da importancia dos bosques, porque o ano 2011 é o ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES                                      (Cristian, 6º)


A vídeoconferencia foi unha oportunidade para coñecer os bosques e ademais resultou  moi interesante e emocionante polo feito de que había aproximadamente 80 colexios conectados cos que podiamos falar (Irene,6º) 


A min pareceume unha experiencia única.  Explicou moitas cousas (Isabel Fraga). Había un apartado de preguntas, nós escribiámolas e ela contestaba falando, porque nos vídeochat se mira a imaxe.

O 4 de novembro fomos os de 4º á clase de 3º  para ver unha vídeoconferencia.Era unha profesora que falaba dos bosques desde Santiago de Compostela. Copiamos o que nos interesaba na libreta de Coñecemento do Medio A min interesáronme moitas cousas.                    (Adrián,4º)
                                                                                               
Aprendín moitas cousas na VIDEOCONFERENCIA: Os tipos de bosque, os beneficios dos bosques e tamén como se perden as árbores.       (Óscar,4º)




FELICITAMOS  Á COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E A TOD@S  OS QUE FIXERON POSIBLE ESTA EXPERIENCIA.


QUEREMOS RESALTAR, TAMÉN O ENTUSIASMO  E A COLABORACIÓN DO PROFESORADO E DO PERSOAL NON DOCENTE DO NOSO CENTRO PARA  PODER PARTICIPAR NESTA  ACTIVIDADE. 

10 may 2011

CORRELINGUA 2011

LOIS PEREIRO

ESTE ANO 2011 O ESCRITOR CONMEMÓRASE NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS AO ESCRITOR LOIS PEREIRO.
A COORDINADORA DE EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PON A DISPOSICIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA UN TRABALLO MONOGRAFICO SOBRE A SUA VIDA .
                                                    Preme na imaxe para acceder á información