26 abr 2017

CLUB LECTURA ADULTOS

  Onte foi a primeira das xuntanzas do CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS, O libro escollido e "UN ANIMAL CHAMADO NEBOA", a escritora Ledicia Costas estará outra vez no noso colexio na Semana Cultural.

Tivo unha gran acollida por parte das familias, exalumnos e profesorado.


DÍA DO LIBRO


Todo o alumnado con libros. os maiores como PADRIÑOS LECTORES e os máis cativos como APADRIÑADOS. Por todos os recunchos do colexio.


24 abr 2017

FRAN ALONSO



 Fran Alonso visitou a nosa biblioteca.
Con él descubrimos que a poesía ten catro "Patas" como o seu gato :1-As palabras.2-O ritmo.
3-O silencio 4-A maxia.
Con él recitamos e xogamos coas palabras, porque "os poemas  nacen das palabras que están no pensamento".

5 abr 2017

ABRIL, MES DOS LIBROS

  Con maletas  cargadas de libros "AS BELUTECAS" , levadas polos voluntarios lectores aos patios e coa actividade as familias contan, da comezo ABRIL, o mes dos libros.  

1 ABRIL: DÍA DAS ARTES GALEGAS

Con unha exposición, imos rendir homenaxe a MARUJA MALLO, pintora galega  a  que se adica este ano o "DÍA DAS ARTES GALEGAS". Artista vencellada a Beluso.

                       

24 mar 2017

POEMAS ANIMADOS

     Dentro da celebración do mes da poesía, os VOLUNTARIOS LECTORES de 6º de primaria agasallaronnos cun recital de poesía, 




CONVERSAS NORTEAR

 
       O vindeiro mércores 29 de marzo ÁS 18.30, no salón de actos da EOI de Pontevedra, entrevistarán a escritora galega Inma López Ruibal e o portugués Valter Hugo Mae coa tamén escritora Lara Dopazo Ruibal como mediadora, gañadora da 1ª edición do Premio Literario Nortear.
        A esta actividade poderán acudir todos os alumnos que queiran.

21 mar 2017

MÍRIAM FERRADÁNS

   Hoxe tivemos o luxo de contar con Míriam Ferradáns, unha das autoras máis galardoadas nos últimos anos. A súa poesía mereceu premios más relevantes.
   Pero o mellor de todo, e o máis motivador para os nenos é que ela é EXALUMNA do CEIP MONTEMOGOS.
   Coa lectura dalgús dos seus poemas e un taller de poesía, pasou a mañan animando aos futuros escritores.


10 mar 2017

SEMANA DA PRENSA

  A prensa é un recurso moi utilizado nas diferentes titorías, pero nesta semana especialmente destacamos os traballos realizados en torno aos diferentes estilos periodísticos.
                    

Os máis cativos centraron os seus traballos coa prensa na carteleira de cine.

XVIII SALÓN DO LIBRO

                                               


  Recomendamos as familias que visiten o salón do libro e asistan as actividades.

9 mar 2017

O DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

  No "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER" , o almnado de 5º e 6º de primaria,asistiron ao acto celebrado no centro Social do mar de Bueu ás estreas das curtas realizadas polo alumnado dos colexios e institutos do concello a favor da igualdade.







Outros cursos están a traballar a figura  de  MARUJA MALLOResultado de imagen de maruja mallo


Hay diversos recunchos para lectura con bibliografía de mulleres moi importantes na historia. 
Posemos participar tamén no concurso MULLERES DCINE (relacionado co PDI)

  

Algunha titoría está a investigar sobre as mulleres máis relevantes na historia do cine.


    O visionado da película ZOOTRÓPOLIS no colexio, deou remate as celebracións do día 8.
    



6 mar 2017

MARZO, MES DA POESÍA

   Durante todo este mes, daremos difusión aos poemas que non envían: escritores, asociacións culturais, familias, alumnado, titorías...


E moitos màis premendo aquí

24 feb 2017

ENTROIDO DE CINE

  Hoxe foi un día moi especial, para os membros da comunidade educativa e para os veciños de Beluso.
Todos disfrutamos dun ENTROIDO DE CINE


17 feb 2017

3ª PARTE

   Este vídeo trata de dúas celebracións moi importantes: DÍA DA PAZ  e  DÍA DE ROSALÍA.



  Nos outros blogs do centro podemos ver que máis actividades se fixeron estas semanas.

2 feb 2017

UNHA PEQUENA INICIATIVA

 O pasado martes lanzamos á rede esta pequena iniciativa e para  nosa sorpresa está sendo un éxito de visitas e de persoas que se unen á mesma compartindo no seu muro. Incluso ao día sequinte foi portada na edición dixital do Faro de Vigo edición Morrazo.
     Moitas grazas a todos!
O CEIP Montemogos quere unirse á iniciativa do Concello de Santiago de Compostela e sumar forzas para conseguir que o aeroporto da capital galega leve o nome de Rosalía de Castro co fin de salientar a figura dunha das persoas máis relevantes das Letras Galegas. Súmate a esta iniciativa compartíndoa no teu muro.


-1:28

2 ene 2017

LIBROS E MÚSICA, UN BO AGASALLO

  ESTAS SON AS RECOMENDACIÓN  DA COORDINADORA DO MORRAZO




LIBROS E MÚSICA PARA TODAS AS IDADES.
QUE OS DISFRUTEDES!!!
 

1 ene 2017

CALENDARIO 2017

  Todo o alumnado participou na elaboración dos fotogramas que ilustran o noso calendario.
Comeza un ANO DE CINE.

24 dic 2016

CURSO 2016-17. 2ª PARTE

  Neste video aparecen as atividades dos meses  de novembro e decembro.



  No blog da Biblioteca, no de Primaria e Infantil hai máis actividades.
  CONTINUARÁ

CHEGOU O NADAL

   Nestas datas, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, os mellores desexos para a comunidade deucativa.

19 nov 2016

CURSO 2016-17. 1ª PARTE

   Dende o día 12 de Setembro comenzamos a rodar a película dun novo curso. Podemos decir que é unha película de acción, xa que as actividades e as celebracións se suceden a ritmo trepidante.
   Aquí temos a primeira entrega desta superproducción.

 

CONTINUARÁ...