11 abr 2011

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, CONTAMOS COA VISITA DUN CONTACONTOS:BARDO ABELARDO,PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º,2º E 3º DE PRIMARIA.
A ACTUACIÓN RESULTOU DIVERTIDÍSIMA!!! ESCOITAMOS, CANTAMOS E MESMO TIVEMOS TEMPO DE "DANZAR" CO SEU ESPECTÁCULO "OS CANTOS DO BARDO ABELARDO".



28 feb 2011

O ENTROIDO

A Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega, pon a disposición de toda a comunidade educativa unha serie de interesantísimos recursos para traballar e afondar sobre o Entroido galego.

Pincha sobre o enlace e verás...






1 feb 2011

DÍA DA PAZ

O DÍA 28 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ.
DESPOIS DE REFLEXIONAR NAS AULAS SOBRE A SÚA IMPORTANCIA PARA A MELLOR CONVIVENCIA DE TODO@S VISUALIZAMOS O CONTO DE WANGARI NA BIBLIOTECA, CANTAMOS A CANCIÓN "IMAGINE" DE JOHN LENNON E DANZAMOS "A CARRASQUIÑA".
FOI UN DIA ESTUPENDO!!!

22 dic 2010

FESTIVAL DE NADAL 21-12-2010

O MARTES 21 DE DECEMBRO CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL.
XA TIÑAMOS TOD@S GANAS DE REPRESENTAR O NOSO ESPECTÁCULO.
O FESTIVAL RESULTOU MOI DIVERTIDO E  ADEMAIS, PARA REMATAR, CONTAMOS COA VISITA DE PAPÁ NOEL QUE NOS PREGUNTOU POLOS NOSOS DESEXOS PARA ESTE NADAL.
MOITAS GRAZAS PAPÁ NOEL!!!!!!


30 nov 2010

O MAGOSTO

O 16 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS NO NOSO COLEXIO UN FANTÁSTICO MAGOSTO. COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS( QUE NOS APORTARON O PICO E OS CAROZOS), ALGÚNS DOS MESTRES COA AXUDA DO NOSO CONXERSE MOISÉS, ASARON AS CASTAÑAS.
DESPOIS DE ESTAR ASADAS E PODER DEGUSTALAS EMBORRÁMONOS UN POUCO. FINALMENTE REALIZAMOS UNHA SERIE DE XOGOS TRADICIONAIS.
FOI UN DÍA DIVERTIDÍSIMO!!!

11 nov 2010

O SAMAÍN

O venres 29 de outubro, celebramos o Samaín no colexio.
Realizamos actividades diversas que nos levaron a coñecer un pouco esta tradi´ción galega e facer unha comparativa coa festa anglosaxona de Halloween.
As fmilias realizaron preciosas cabazas que se expuseron na entrada do colexio, o alumnado de sexto B representou a "Santa Compaña", os nenos e nenas de 2ºA realzaron un traballo de power point que expuseron na bibliotca do centro,e, alumnas de quinto e sexto curso contáronnos relatos de pesadelos.Por último, cantamos unha canción de "Mamá Cabra", "Patatín,Patatán".




9 nov 2010

ACHEGÁMONOS AO SAMAÍN




Queda moi pouco tempo para a celebración do Samaín!
No colexio estamos a preparar sorprendentes actividades que a todos e todas vos van gustar.